miércoles, 11 de diciembre de 2013

Vídeo O conto de Arthur e Clementina

o conto de artur e clementina from ceippepexanbaña on Vimeo.

Para conmemorar o dia da loita contra a violencia de Xénero, Maria, Mónica e Bea representaron esta obra que causou furor entre o público asistente.

jueves, 5 de diciembre de 2013

Visita Escola Galega de Consumo

O mércores 4 de Decembro diversos cursos do cole acudiron a Escola Galega de Consumo para facer uns talleres e escoitar unhas charlas sobre o consumo responsable , sobre todo orientado as datas de Nadal onde o despilfarro soe estar a orde do dia.
Foi unha pena que parte do recinto estivese en obras e moitas das actividades platnexadas, sobre todo para infantil, non se puideran realizar.
Mais fotos coma sempre na galeria do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=30

martes, 3 de diciembre de 2013

Dia contra a violencia de xénero




Durante a semana anterior e posterior a esta data , no centro fixéronse diversas actividades de concienciación cos alumn@s con esta temática de fondo:
Confección dun mural con forma de lazo lila con mensaxes dos nen@s e as familias, contos coa temática da igualdade de fondo, figura grupal de todo o cole no patio formando un gran lazo, traballo dende as aulas.... Esperamos que sirva para que todos vaiamos sendo mais conscientes de esta problemática que non é nova por desgraza...

lunes, 25 de noviembre de 2013

Outro Magosto no cole

Un ano mais celebramos o clásico magosto. Este ano polo mal tempo tivémolo que retrasar unha semana pero todo saiu perfecto.
Xogos populares para todos os cursos e unha boa merendola con castañas e chocolate como debe ser. Aquí tendes mais fotos coma sempre na web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=29

martes, 19 de noviembre de 2013

Visita a Cidade da Cultura, exposición Orinoco

O xoves 14 de Novembro, o alumnado de segundo e terceiro ciclo desplazouse a Cidade da Cultura en Santiago para ver a exposición sobre as tribos do Orinoco, moitas cousas impresionantes descubrimos nesta exposición. Tendes mais fotos na galería da web do centro coma sempre:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=27

lunes, 18 de noviembre de 2013

Visita MUPEGA

O mércores 13 o alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria acudimos ao MUPEGA, o museo pedagóxico de Galicia.
Durante a visita vimos como eran as aulas antigamente, fixemos dinámicas comuns, construimos algun xoguete e vimos moitos outros antigos. Atenderonos amablemente e coma vedes na sua web eles tamén quedaron contentos coa nosa visita:
http://www.edu.xunta.es/mupega/node/389
Tendes mais fotos na nosa galería:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=25&page=1&sort=td

martes, 12 de noviembre de 2013

1º CAMPIONATO DE PEÓN

O luns día 11 para celebrar o día do peón decidimos organizar o primeiro campionato neste centro.
Apuntáronse uns quince rapaces e rapazas de tódolos cursos.
A dinámica foi cinco roldas donde os tres que mais aguantaran levaban un, dous e tres puntos respectivamente. Tamen se premiou o deseño mais orixinal.
Finalmente esta foi a clasificación
1º Iago (terceiro)
2ºAbel (terceiro)
3ºGonzalo (quinto)

MELLOR DESEÑO
Andrea (sexto)

lunes, 4 de noviembre de 2013

Samain 2013

Chegou o dia terrorífico de Samain , tamén coñecido como Halloween. Neste cole sempre preparamos algo especial, e , aparte da decoración de pasillos e aulas os rapaces representaron cancións, leeron as suas poesias, mostráronnos os seus debuxos e recibiron terroríficos regalos na compañia das familias.
Tendes moitas fotos na galeria da web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=24

jueves, 12 de septiembre de 2013

Comezamos un ano mais o curso cun primeiro dia moi lúdico.
A mañá presentacións, recreo e uns talleres que ainda non desvelamos para que serán usados eses preciosos traballos que fixeron todos os alumn@s.
Pola tarde xogos por niveis para pechar este primeiro dia, tendes mais fotos na galería da web do cole coma sempre:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=23

miércoles, 12 de junio de 2013

Excursión Fin de Curso "Casa das Abellas"

Na última excursión do curso visitamos a "Casa das abellas" en Abegondo onde vimos como se consegue o mel, onde e como viven as abellas, elaboramos o noso propio tarro de mel, probamola, fixemos unha vela, puxemos o traxe de apicultor... e aprendemos mil cousas!

Mais fotos na galería do cole coma sempre:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=22

lunes, 20 de mayo de 2013

Celebración Letras Galegas

Este ano o homenaxeado era Roberto Vidal Bolaño, no centro fixemos un pequeno festival o día 16 coa asistencia das familias. Este é un resumo do que alí se fixo:

letras galegas from ceippepexanbaña on Vimeo.
Primeiro os alumnos de catro e cinco anos presentaron esta obra de teatro que tanto ensaiaron e que tan ben lles saiu. Podedes vela completa neste vídeo.



 
De seguido o alumnado de segundo leeunos unha das obras de Roberto.



En modo presentación, a clase de primeiro mostrounos os seus debuxos sobre a obra de Neira Vilas "Querido Balbino" , libro do cal viron unha exposición fai uns meses.





De novo o primeiro curso esta vez cunha animada canción.


 

Coas voces dos rapaces e rapazas de infantil vimos unha presntación tamén elaborada por eles.



Rematamos cantando todos xuntos un tema moi animado e festeiro, ata o próximo ano!

martes, 23 de abril de 2013

Día do libro 2013


O martes 23 de Abril celebramos o día do libro dun xeito especial, os maiores do cole encargáronse de contarlles un conto os mais pequenos.
Todos se repartiron polo patio no lugar que lles resultou mais comodo nunha tarde de sol ideal para a lectura ó aire libre.
Mais fotos coma sempre na galeria da web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=18

E un pequeno vídeo grabado e editado por Javier:

7 from ceippepexanbaña on Vimeo.

jueves, 18 de abril de 2013

Vistia MUNCYT



Na galeria da web do centro tendes mais fotos da visita de segundo e terceiro ciclo ao Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de A Coruña, esperamos que vos gusten! http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=16

jueves, 11 de abril de 2013

Visita da Dirección Xeral de Xuventude co Pasaporte Solidario

O centro está traballando en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude no programa "pasaporte solidario", o xoves recibimos a visita dos "xefes" do programa e tedes a noticia na sua web: http://www.voluntariadogalego.org/web/index.php?mod=not&ide=2004

viernes, 22 de marzo de 2013

Dia da árbore en Santa Comba

Esta e mais fotos téndelas na Galeria da web do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=15 Fomos 1º,2º,5º e 6º ata o multiusos de Santa Comba para escoitar unhos consellos de parte da brigada forestal de como actuar en caso de incendio e ver como e con que traballan eles. Despois plantamos todos algunha árbore e levamos unhas sementes para casa. Unha mañá moi proveitosa.

lunes, 11 de marzo de 2013

Vídeo actuación "Querido Balbino"

6 from ceippepexanbaña on Vimeo.

Con motivo da inaguración da exposición "Querido Balbino" os rapaces de quinto e sexto crearon unha canción que interpretaron para os asistentes o acto, entre eles, Neira Vilas. Aquí tende lo video grabado por Tamara e editado por Javier.

viernes, 22 de febrero de 2013

miércoles, 23 de enero de 2013

O  centro conta cunha páxina web onde poderedes ver as celebracións que facemos e  o moito que nos divertimos. Podedes aceder a través desta dirección http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/