jueves, 19 de febrero de 2015

Entroido 2015

Un ano mais o entroido encheu de colorido o cole. Os disfraces de este ano estaban orientados os diferentes climas e zonas do mundo que se están traballando nas aulas: deserto, sabana, polos, mediterraneo...
Co tradicional desfile e danzas deuse paso a comida típica e baile nun ambiente festivo totalmente como debe ser.

Mais fotos cortesía de Marcos na web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=46

jueves, 12 de febrero de 2015

Entroido no Instituto Galego de Consumo


Na semana do entroido os cursos de terceiro ,cuarto , quinto e sexto de primaria acudimos o Instituto Galego de Consumo, o motivo, coñecer máscaras, traxes, pinturas, artigos de broma... potencialmente perigosos, para que a hora de disfrazarnos e pasalo ben, evitemos riscos maiores. Probaronse disfraces que foron retirados do mercado e artigos de broma que sairan defectuosos, vimos montóns de productos cos que habia que andar con ollo e a maiores levamos unha mochila de regalo!.

martes, 10 de febrero de 2015

"Santa Claus is coming to town" Vídeo

Santa Claus is coming to town from ceippepexanbaña on Vimeo.

Aquí tendes o divertido vídeo que dende as clases de Inglés e Música principalmente, se elaborou para este nadal coa participación de todo o centro, desfrutádeo!

lunes, 2 de febrero de 2015

Dia da paz



Non podía faltar un ano mais a conmemoración no centro do Dia da Paz, 30 de Xaneiro. Para a ocasión, os mais pequenos prepararon unha actuación musical e os de primaria, en colaboración con Inglés e Ed. Artística, deleitaronos co "Imagine" de Jhon Lennon mentres ondeaban bandeiriñas conmemorativas, e tendo claro que o dia da paz... son tódolos días!!!!