jueves, 27 de noviembre de 2014

Visita a Meteogalicia





Este ano estamos incluidos no programa escolar "Meteoescolas" e nada mellor que unha visita o centro onde se elaboran as prediccións meteorolóxicas para a tele, o xornal... nada menos que Meteogalicia!
Alí coñecimos os diferentes fenómenos meteorolóxicos , os aparellos que se usan, as suas instalacions... e agora no cole a seguir investigando!

Actuación do mago Roi "cagabolas"

Dentro da semana matemáxica tivemos a sorte de contar con Roi "cagabolas", un auténtico mago/malabarista/humorista que nos sorprendeu con toda clase de trucos, habilidades e chistes que nos fixeron divertirnos o máximo.


viernes, 21 de noviembre de 2014

Día dos dereitos dos nenos


Para conmemorar este día tan especial no que os rapaces son os protagonistas, reunímonos tod@s na Sala Castelao onde metemos nunha caixa tódalas cousas malas que non deberian ocorrer e introducimos nunha corda os dereitos dos que se debe gozar e ideas relacionadas. Rematamos cunha canción e baile conxunto para pechar a tarde. Mais fotos na galería da web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=43

viernes, 14 de noviembre de 2014

Magosto 2014

Volta o frio , a chuvia, cambio de hora.... o outono está aquí definitivamente e un clásico destas datas é a celebración do Magosto.
Este ano coincidiu co dia do Peón, asique no recreo houbo un campionato e xá pola tarde xogos e degustación de castañas e chocolate. Coma sempre, mais fotos na web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=41

SAMAIN2014 from ceippepexanbaña on Vimeo.

jueves, 6 de noviembre de 2014

Samaín 2014


Un ano mais o terror chegou ó noso centro! Durante a xornada do xoves 30 de Outubro diversos monstros e bruxas aterraron tódolos rincons do Ceip Plurilingüe Pepe de Xan Baña, tampouco faltou o temido "home da gadaña".
Pero non só iso, os alumnos/as leeron contos terroríficos, mostráronos como é esta celebración noutros paises, comeron un menú aterrador no comedor e celebraron conxuros de bruxas para queimar os seus medos e pedir desexos co fume purificador. De todo isto tendes fotos na galería da web do cole: