martes, 26 de mayo de 2015

Excursión fin de curso granxa escola Marcelle



Neste curso a excursión final foi plantexada con moita antelación para asegurarnos de que poderiamos facer algo especial e así foi.
Achegamonos o interior da provincia de Lugo para coñecer a granxa escola de Marcelle.
Alí os monitores organizaron os alumn@s en pequenos grupos e percorreron todo o parque vendo todo tipo de especies animais de todo o mundo, o dia acompañou e incluso houbo un tempo para xogar despois da comida.
Unha xornada mais que interesante que foi do agrado de todo o centro.
Mais fotos coma sempre na web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=49

lunes, 18 de mayo de 2015

Letras Galegas 2015

Emotivo día o 15 de Maio no que celebramos as letras galegas no cole.
Á mañá xogos populares durante duas horas con grupos de quince xogadores de todas as idades que ían rotando de estación en estación, e a tarde, a parte artística; na que bailamos, cantamos e escoitamos poemas coa presencia de familiares e achegados para participar na conmemoración.
Podedes ver mais fotos coma sempre na web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=48