jueves, 27 de noviembre de 2014

Visita a Meteogalicia





Este ano estamos incluidos no programa escolar "Meteoescolas" e nada mellor que unha visita o centro onde se elaboran as prediccións meteorolóxicas para a tele, o xornal... nada menos que Meteogalicia!
Alí coñecimos os diferentes fenómenos meteorolóxicos , os aparellos que se usan, as suas instalacions... e agora no cole a seguir investigando!

Actuación do mago Roi "cagabolas"

Dentro da semana matemáxica tivemos a sorte de contar con Roi "cagabolas", un auténtico mago/malabarista/humorista que nos sorprendeu con toda clase de trucos, habilidades e chistes que nos fixeron divertirnos o máximo.


viernes, 21 de noviembre de 2014

Día dos dereitos dos nenos


Para conmemorar este día tan especial no que os rapaces son os protagonistas, reunímonos tod@s na Sala Castelao onde metemos nunha caixa tódalas cousas malas que non deberian ocorrer e introducimos nunha corda os dereitos dos que se debe gozar e ideas relacionadas. Rematamos cunha canción e baile conxunto para pechar a tarde. Mais fotos na galería da web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=43

viernes, 14 de noviembre de 2014

Magosto 2014

Volta o frio , a chuvia, cambio de hora.... o outono está aquí definitivamente e un clásico destas datas é a celebración do Magosto.
Este ano coincidiu co dia do Peón, asique no recreo houbo un campionato e xá pola tarde xogos e degustación de castañas e chocolate. Coma sempre, mais fotos na web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=41

SAMAIN2014 from ceippepexanbaña on Vimeo.

jueves, 6 de noviembre de 2014

Samaín 2014


Un ano mais o terror chegou ó noso centro! Durante a xornada do xoves 30 de Outubro diversos monstros e bruxas aterraron tódolos rincons do Ceip Plurilingüe Pepe de Xan Baña, tampouco faltou o temido "home da gadaña".
Pero non só iso, os alumnos/as leeron contos terroríficos, mostráronos como é esta celebración noutros paises, comeron un menú aterrador no comedor e celebraron conxuros de bruxas para queimar os seus medos e pedir desexos co fume purificador. De todo isto tendes fotos na galería da web do cole:


jueves, 2 de octubre de 2014

Primeiro dia curso 2014 / 2015

Un novo curso comeza, moitos cambios no cole e un primeiro dia para coñecernos tod@s mellor e pasalo en grande.
Para que así fora organizáronse unha serie de obradoiros para todo o cole: colares con pasta, maquillaxe de diferentes partes do mundo, pulseiras, decoración da bola do mundo...
Aquí tendes coma sempre mais fotos na galería da web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=40

martes, 24 de junio de 2014

Excursión fin de curso 2014

Este ano para acabar o curso fómonos de viaxe ata Arteixo, alí os mais pequenos visitaron a fábrica de Patatas Bonilla onde puideron ver (e degustar) como se facían os gusanitos, churros e patacas fritas en cantidades industriais.
Pola outra banda, os maiores visitaron as instalacións da Voz de Galicia e o seu museo coñecendo como funciona a prensa dende a redacción das noticias, impresión e distribución.
Para rematar o soleado día xogamos nos múltiples módulos infantís que están instalados no parque do pobo voltando a casa ben cansados pero ledos de haber aproveitado ben o día.
Tendes mais fotos na galería:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=38

jueves, 12 de junio de 2014

Os Bolechas en Santa Comba



O novo libro dos Bolechas está ambientado e centrado en Santa Comba, a súa historia e as suas tradicións. Para presentalo, o seu autor e os propios protagonistas visitaron o municipio de dende o cole fomos a coñecelos en persoa e recibir unha copia do novo libro que está moi interesante e entretido! Mais fotos na galeria: http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=37

lunes, 19 de mayo de 2014

Letras Galegas 2014

Este ano celebramos o dia das Letras Galegas ao grande, durante as tardes dos dous dias previos o 17 de Maio moitas actividades tiveron lugar na sala Castelao: Cancións, bailes, explicacións,recordos... todo con invitados moi especiais coma xente do lugar ,das familias dos alumn@s ou achegados. Mellor que o vexades vos mesmos nas fotos da galeria do cole:http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=36

E o vídeo:


letras galegas vídeo from ceippepexanbaña on Vimeo.

jueves, 24 de abril de 2014

Día do libro 2014


O dia do libro tivo un par de celebracións no centro, primeiro Maria interpretou un conto moi especial aos nenos de infantil e primeiro, coa axuda do oso Gustavo:"El oso que amaba los cuentos". Despois recibiron un marcapáxinas de regalo. Con esta actividade iníciase un intercambio de contos con peluche que cada alumn@ escolle para trocar cun compañeir@ durante estes dias.

Despois realizouse o xá clásico apadriñamento lector onde un alumn@ dos cursos superiores selecciona un conto para leerllo a un dos mais pequenos durante a hora de leer. Esta actividade sempre é moi ben recibida e podemos dicir que xa é un clásico.
Coma sempre, mais fotos na galería:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=35

viernes, 11 de abril de 2014

Visita a fervenza do Xallas


Antes de irnos de vacacións de Semana Santa fixemos unha visita a nosa fervenza mais próxima en Castriz. Ali disfrutamos da paisaxe, visitamos os muiños, recibimos unhas explicacións dos gardas forestais, comemos uns bocadillos e xogamos finalmente antes de voltar o centro para recoller as notas.
O tempo estuvo fresco pero non choveu o que nos permitiu ir andando os seis kilómetros dende o cole. Aquí van unhas fotos na galeria coma sempre:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=34

lunes, 24 de marzo de 2014

Visita Acuario e Casa das Ciencias

Emocionante e intenso día na Coruña coa visita ao acuario e a Casa das Ciencias. Un pouco apurados pero co tempo aproveitado o máximo visitamos ambos museos con tempo para repoñer forzas coa comida no parque de Santa Margarita.
Podedes ver mais fotos en :
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=33

jueves, 6 de marzo de 2014

Entroido 2014



  Gran festival no cole un ano mais para celebrar o Entroido: desfile de todas as aulas inspirados en diversas partes do mundo, comida típico , música e xogo.... podedes ver o ben que ian vestidos os nosos alumn@s: http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=32

miércoles, 12 de febrero de 2014

Vídeo Festival Nada

Xa tendes on line o víde do festival de Nadal gracias a grabación de Vanesa e a edición de Javier. Está dividido en tres partes, ao final a última actuación aparece entrecortada por problemas de grabación pero podedelo disfrutar completo:
 
festival nadal 2013 primera parte (hasta segundo canto de reis) from ceippepexanbaña on Vimeo.

festival nadal 2013 segunda parte (hasta segudo ramonanos) from ceippepexanbaña on Vimeo.

festival nadal 2013 tercera parte from ceippepexanbaña on Vimeo.

martes, 4 de febrero de 2014

Día da Paz

O 30 de Xaneiro celebramos coma tódolos anos o Día da Paz no noso centro. Pola tarde os diferentes cursos prepararon cancións, poemas, contos... cunha mensaxe de non violencia rematando a xornada con "depende de ti", canción que corearon tódolos nen@s para cerrar o día dun modo festivo. Que sirva o exemplo!

  
 
 

 


 

jueves, 9 de enero de 2014

Festival Nadal 2013

Como cada ano o festival de Nadal reuniu nun ambiente de festa a nen@s, profes e familias. Actuacións con música, canto, teatro, humor... para tódolos gustos. O resumo en fotos xa sabedes, na Galería do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=31

E aquí o "lipdub" que fixemos para a ocasión:

Lipdub All I want for Christmas is you from ceippepexanbaña on Vimeo.