Este ano para acabar o curso fómonos de viaxe ata Arteixo, alí os mais pequenos visitaron a fábrica de Patatas Bonilla onde puideron ver (e degustar) como se facían os gusanitos, churros e patacas fritas en cantidades industriais.
Pola outra banda, os maiores visitaron as instalacións da Voz de Galicia e o seu museo coñecendo como funciona a prensa dende a redacción das noticias, impresión e distribución.
Para rematar o soleado día xogamos nos múltiples módulos infantís que están instalados no parque do pobo voltando a casa ben cansados pero ledos de haber aproveitado ben o día.
Tendes mais fotos na galería:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=38
No hay comentarios:
Publicar un comentario