miércoles, 16 de diciembre de 2015

Visita do Apalpador

Este ano antes do nadal tivemos unha visita moi especial no cole! nada menos e "o apalpador" directamente dende as montañas do Courel!
Contounos historias moi interesantes sobre os bosques, os animais e todo o que ten que ver coa natureza da Galicia mais auténtica. Tod@s quedamos encantados coa sua visita e esperamos que nos volte visitar pronto!

viernes, 27 de noviembre de 2015

Actuación Migallas "merenda con pan de millo"

Gracias o Concello de Santa Comba tivemos a oportunidade de contar no noso centro cunha representación do coñecido grupo "migallas teatro".
Os nenos cantaron e riron durante a hora que durou a actuación e tomaron nota de moitos costumes e tradicións galegas.
Podedes atopar vídeos, fotos e toda a información deste grupo na sua web:
http://www.migallas.gal/es/

lunes, 16 de noviembre de 2015

Magosto 2015





Dia totalmente outonal para celebrar o magosto . Así foi a tarde do 13 de Novembro.
Pola mañá outra edición do campionato de Peón, este ano Fabián foi o gañador , seguido de Iago e Abel. Olaya levou o premio ó mellor decorado.
A tarde xogos grupais coa participación tamén dos pais e castañas con chocolate/leite para todos.
Agradecer a colaboración de todo o mundo que preparou e repartiu as castañas e o aporte das mesmas por parte das familias.
Podedes ver máis fotos na web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=53

jueves, 5 de noviembre de 2015

Samaín 2015


Coma ven sendo tradición, celebrouse a festividade dos mortos cun dia lúdico e diferente no cole:
Varios talleres coma maquillaxe, caretas, comidas terroríficas ou cabazas decorativas. A tarde entregaronse premios á relatos de terror e leeronse os gañadores.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=52

viernes, 18 de septiembre de 2015

Primeiro Dia 2015 / 2016





Xa comezou  o curso un ano mais e  fíxoo con obradoiros de "vaso bola"," o dinosauro que te mira", "arte efímera" e "borchetas de froita" , tamén houbo xogos coma a muralla, brié, baloncesto ou "pes quedos". Un dia no que non faltaron os sorrisos de reencontros e a diversión. Máis fotos coma sempre:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=50

martes, 26 de mayo de 2015

Excursión fin de curso granxa escola Marcelle



Neste curso a excursión final foi plantexada con moita antelación para asegurarnos de que poderiamos facer algo especial e así foi.
Achegamonos o interior da provincia de Lugo para coñecer a granxa escola de Marcelle.
Alí os monitores organizaron os alumn@s en pequenos grupos e percorreron todo o parque vendo todo tipo de especies animais de todo o mundo, o dia acompañou e incluso houbo un tempo para xogar despois da comida.
Unha xornada mais que interesante que foi do agrado de todo o centro.
Mais fotos coma sempre na web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=49

lunes, 18 de mayo de 2015

Letras Galegas 2015

Emotivo día o 15 de Maio no que celebramos as letras galegas no cole.
Á mañá xogos populares durante duas horas con grupos de quince xogadores de todas as idades que ían rotando de estación en estación, e a tarde, a parte artística; na que bailamos, cantamos e escoitamos poemas coa presencia de familiares e achegados para participar na conmemoración.
Podedes ver mais fotos coma sempre na web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=48

viernes, 24 de abril de 2015

Día do libro 2015

Como non podía ser menos, este ano voltamos co apadriñamento lector para celebrar o 23 de Abril, día do libro. Como xa sabedes, un dos maiores escolle un libro para leer a un dos pequenos pero este ano a novidade é que a actividade se repetirá todos os xoves ata o remate de curso.
Podedes ver moitas mais fotos na galería da web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=47

jueves, 9 de abril de 2015

Inaguración Xardín Poético


Para conmemorar o día da poesía, o 24 de Marzo, os rapaces e rapazas do centro colgaron as suas poesías preferidas decoradas nunha árbore do patio para que as poida leer quen queira.
Para inagurar o Xardín xuntamonos todos e todas para leer algunhas de elas nunha tarde auténticamente primaveral.

viernes, 13 de marzo de 2015

Dia da muller traballadora, Santa Comba





Co agallo da celebración do día da muller traballadora, fomos invitados a compartir unha xornada cos demáis centros do concello. Todo ben ata ahí, pero logo o desenvolvemento da xornada foi bastante lamentable. Os rapaces pasarono relativamente ben porque habia algun baile e actividades pero nin se escoitaba ben, nin se veía a quen falara ou actuara a pesar dun proxector. Pero o mais grave foi que as actividades non tiñan nada que ver co respeto e dignificación da muller (mais ben ó contrario por exemplo con unha clase de zumba con reggaeton de ..¡seis cancións!), quedando incluso sin leer o manifesto preparado, que non se repita este gasto de cartos e tempo.

jueves, 19 de febrero de 2015

Entroido 2015

Un ano mais o entroido encheu de colorido o cole. Os disfraces de este ano estaban orientados os diferentes climas e zonas do mundo que se están traballando nas aulas: deserto, sabana, polos, mediterraneo...
Co tradicional desfile e danzas deuse paso a comida típica e baile nun ambiente festivo totalmente como debe ser.

Mais fotos cortesía de Marcos na web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=46

jueves, 12 de febrero de 2015

Entroido no Instituto Galego de Consumo


Na semana do entroido os cursos de terceiro ,cuarto , quinto e sexto de primaria acudimos o Instituto Galego de Consumo, o motivo, coñecer máscaras, traxes, pinturas, artigos de broma... potencialmente perigosos, para que a hora de disfrazarnos e pasalo ben, evitemos riscos maiores. Probaronse disfraces que foron retirados do mercado e artigos de broma que sairan defectuosos, vimos montóns de productos cos que habia que andar con ollo e a maiores levamos unha mochila de regalo!.

martes, 10 de febrero de 2015

"Santa Claus is coming to town" Vídeo

Santa Claus is coming to town from ceippepexanbaña on Vimeo.

Aquí tendes o divertido vídeo que dende as clases de Inglés e Música principalmente, se elaborou para este nadal coa participación de todo o centro, desfrutádeo!

lunes, 2 de febrero de 2015

Dia da paz



Non podía faltar un ano mais a conmemoración no centro do Dia da Paz, 30 de Xaneiro. Para a ocasión, os mais pequenos prepararon unha actuación musical e os de primaria, en colaboración con Inglés e Ed. Artística, deleitaronos co "Imagine" de Jhon Lennon mentres ondeaban bandeiriñas conmemorativas, e tendo claro que o dia da paz... son tódolos días!!!!

lunes, 19 de enero de 2015

Concerto en Santiago "Estamos no verán"

Esta vez  voltamos a Santiago pero de concerto. No Auditorio de Galicia ,compartindo espectáculo con moitos mais coles desfrutamos da boa música co espectáculo "Estamos no verán",  pertencente á novela-disco de CHARO PITA e XOÁN CURIEL, publicado pola Editorial Galaxia en Maio de 2014 na colección Sonárbore.
Houbo coros, baile , bossa nova, reggae, pop, rock.... e moita diversión!.
Deixámosvos o videoclip do grupo para que desfrutedes dun dos seus temazos: Coma sempre, mais fotos aquí:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=45

jueves, 8 de enero de 2015

Nadal 2014


Coma sempre no Ceip Plurilingüe Pepe de Xan Baña o Nadal celbrase por todo o alto cun gran festival. Música, baile, teatro, humor, disfraces, agasallos... todo xunto nunha mañá que compartimos con todas as familias que quixeron acercarse.
Tendes máis fotos en:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=44