lunes, 25 de noviembre de 2013

Outro Magosto no cole

Un ano mais celebramos o clásico magosto. Este ano polo mal tempo tivémolo que retrasar unha semana pero todo saiu perfecto.
Xogos populares para todos os cursos e unha boa merendola con castañas e chocolate como debe ser. Aquí tendes mais fotos coma sempre na web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=29

martes, 19 de noviembre de 2013

Visita a Cidade da Cultura, exposición Orinoco

O xoves 14 de Novembro, o alumnado de segundo e terceiro ciclo desplazouse a Cidade da Cultura en Santiago para ver a exposición sobre as tribos do Orinoco, moitas cousas impresionantes descubrimos nesta exposición. Tendes mais fotos na galería da web do centro coma sempre:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=27

lunes, 18 de noviembre de 2013

Visita MUPEGA

O mércores 13 o alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria acudimos ao MUPEGA, o museo pedagóxico de Galicia.
Durante a visita vimos como eran as aulas antigamente, fixemos dinámicas comuns, construimos algun xoguete e vimos moitos outros antigos. Atenderonos amablemente e coma vedes na sua web eles tamén quedaron contentos coa nosa visita:
http://www.edu.xunta.es/mupega/node/389
Tendes mais fotos na nosa galería:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=25&page=1&sort=td

martes, 12 de noviembre de 2013

1º CAMPIONATO DE PEÓN

O luns día 11 para celebrar o día do peón decidimos organizar o primeiro campionato neste centro.
Apuntáronse uns quince rapaces e rapazas de tódolos cursos.
A dinámica foi cinco roldas donde os tres que mais aguantaran levaban un, dous e tres puntos respectivamente. Tamen se premiou o deseño mais orixinal.
Finalmente esta foi a clasificación
1º Iago (terceiro)
2ºAbel (terceiro)
3ºGonzalo (quinto)

MELLOR DESEÑO
Andrea (sexto)

lunes, 4 de noviembre de 2013

Samain 2013

Chegou o dia terrorífico de Samain , tamén coñecido como Halloween. Neste cole sempre preparamos algo especial, e , aparte da decoración de pasillos e aulas os rapaces representaron cancións, leeron as suas poesias, mostráronnos os seus debuxos e recibiron terroríficos regalos na compañia das familias.
Tendes moitas fotos na galeria da web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=24