lunes, 30 de mayo de 2016

VII certame "Deseña unha xoia para túa nai". Dylan entre os premiados!

O noso alumno de 6º curso Dylan Calviño Iglesias resultou premiado no VII certame "Deseña unha xoia para a túa nai" organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría . Noraboa!
Foi un dos doce premiados de entre preto de 8.600 deseños que se presentaron dende toda Galicia. A entrega de premios tivo lugar o venres 29 de abril no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporáneo, en Santiago de Compostela.


jueves, 19 de mayo de 2016

Letras Galegas 2016


Un ano mais celebramos por todo o alto o día das letras Galegas no centro.
Dende pola mañá empezou a celebración coa interpretación das cantigas de todos os cursos. Os rapaces contaron coa axuda de Gonzalo á guitarra e Alicia ó violín.
O mal tempo impediu  a celebración dos xogos que se aplazaron para o venres.
A tarde a nosa poetisa preferida Regina regalounos un exemplar do seu libro recentemente publicado, Noelia deleitounos coa sua voz e pandeireteiras e gaiteiros fixeron unha auténtica festa.
Rematamos cantando todos " Na lingua que eu falo", un final inmellorable!
Mais fotos na galería como non:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=60

lunes, 9 de mayo de 2016

Excursión a Linares

Os alumnos de 6º como gañadores da fase provincial do concurso "gana puntos con la educación vial" viaxamos a Linares acompañados polos de 5º para a final autonómica e unha vez alí, o resultar vencedores, clasificáronse para a final nacional onde remataron nun magnífico 7º posto fallando só duas preguntas de vinte.
A viaxe foi longa, 13 horas para ir e 12 de volta, pero mereceu a pena. Tivemos moitas actividades durante o día e medio que estivemos na cidade andaluza e fixemos novos amig@s e amigas na viaxe.
Os alumn@s repetirían pero... en avión para a próxima!
Tendes mais fotos na galería da web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=59

E no festival de fin de curso poderedes ver tamén un video resumo da viaxe.