Este é un blog creado como punto de encontro onde toda a comunidade educativa do Ceip Plurilingüe Pepe de Xan Baña: alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais,..., pode aportar e compartir as súas experiencias, vivencias, suxerencias,etc. Servindo así de instrumento de comunicación e difusión de todo o que acontece no noso centro.
jueves, 24 de abril de 2014
Día do libro 2014
O dia do libro tivo un par de celebracións no centro, primeiro Maria interpretou un conto moi especial aos nenos de infantil e primeiro, coa axuda do oso Gustavo:"El oso que amaba los cuentos". Despois recibiron un marcapáxinas de regalo. Con esta actividade iníciase un intercambio de contos con peluche que cada alumn@ escolle para trocar cun compañeir@ durante estes dias.
Despois realizouse o xá clásico apadriñamento lector onde un alumn@ dos cursos superiores selecciona un conto para leerllo a un dos mais pequenos durante a hora de leer. Esta actividade sempre é moi ben recibida e podemos dicir que xa é un clásico.
Coma sempre, mais fotos na galería:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=35
viernes, 11 de abril de 2014
Visita a fervenza do Xallas
Antes de irnos de vacacións de Semana Santa fixemos unha visita a nosa fervenza mais próxima en Castriz. Ali disfrutamos da paisaxe, visitamos os muiños, recibimos unhas explicacións dos gardas forestais, comemos uns bocadillos e xogamos finalmente antes de voltar o centro para recoller as notas.
O tempo estuvo fresco pero non choveu o que nos permitiu ir andando os seis kilómetros dende o cole. Aquí van unhas fotos na galeria coma sempre:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=34
Suscribirse a:
Entradas (Atom)