viernes, 13 de marzo de 2015

Dia da muller traballadora, Santa Comba





Co agallo da celebración do día da muller traballadora, fomos invitados a compartir unha xornada cos demáis centros do concello. Todo ben ata ahí, pero logo o desenvolvemento da xornada foi bastante lamentable. Os rapaces pasarono relativamente ben porque habia algun baile e actividades pero nin se escoitaba ben, nin se veía a quen falara ou actuara a pesar dun proxector. Pero o mais grave foi que as actividades non tiñan nada que ver co respeto e dignificación da muller (mais ben ó contrario por exemplo con unha clase de zumba con reggaeton de ..¡seis cancións!), quedando incluso sin leer o manifesto preparado, que non se repita este gasto de cartos e tempo.